Galego - Español - English         

Actualidade


[25-07-2008]
guetxo folk
faltriqueira acompaña a KORRONTZI na grabación do seu segundo traballo discográfico que realizarase en directo no festival folk de Guetxo.

[30-04-2008]
faltriqueira acibache e rosas
a nova imáxe de faltriqueira a cargo de La tienda de Polola e as compostelanas PACAPECA

[27-02-2008]
faltriqueira no Circuito Cultura Vai 4x4
A SEGUNDA EDICIÓN VOLVE APOSTAR POLA MÚSICA GALEGA DE CALIDADE A Consellaría oferta ciclos musicais aos concellos coa posta en marcha do Circuito Cultura Vai 4x4

[30-09-2007]
DOA A DOA unha creacción para a TVG
faltriqueira encargase de facer a música para un novo programa da Televisión de Galicia.

[20-09-2007]
faltriqueira no POPKOMM - Berlín-
importante presencia no PopKomm de Berlín, unha das feiras discográficas mais importantes de Europa, na edición número 19.

Último disco

Con este novo traballo Faltriqueira dá un paso máis ofrecendo un repertorio no que coexisten temas de distintas orixes etnográficos, sen perder de vista as súas propias raíces galegas. Tamén engadiron a súa versión dalgunhas cancións que, de certo xeito, marcaron as súas vidas.

pe_contido_esquerda

ACIBECHE E ROSAS .08

Catro voces, catro instrumentos, un enxeño musical empapado de sentimento e cuberto de sensibilidade.

Unha palabra, tres efes, catro corpos; e un; e outra vez catro. Moito corazón…e o resultado: nós.

Unha nova etapa, un novo enfoque; nova perspectiva, nova imaxe; expresión, transmisión, esencia, trascendencia; unha causa, un efecto.

Nós, eles, vós, e a música.                            

O que nos une: as diferencias; o que nos alenta: quen escoita; o principio: a tradición; o seguinte a creación; o motivo: a música.

Fala un, falan todos, e todos son un.

Toca unha voz, canta un instrumento; o instrumento é a voz; a voz é o vento, a corda, a madeira, o metal, a pel.

De lonxe, de máis lonxe, de aquí, de calquera parte, pero cara ó mesmo fin.

Un, verde. Dous, azul. Tres, acibache; e como adorno unha flor.

As ansias, a vontade, a intención, forza, maduración…

Pero a mellor palabra é a melodía que sae da alma.


Iso é o que somos: un todo, un conxunto, unha unidade, un efffecto, unha faltriqueira chea de calor. 

 

pe_contido_dereita

© Faltriqueira 2006 - Aviso legal