Galego - Español - English         

Buscador

Se o desexa, pode utilizar o seguinte buscador para refinar a súa procura.

Ver calendario
Ver calendario
pe_contido_esquerda

Novas

Imagen 23-12-2008 DIARIO DO BRAZIL

faltriviaxe, día a día ¡¡

Río de Janeiro, Brasil, 14 de Setembro.


23:00 hora local.

Despois de dúas horas, máis sete de espera, máis outras dez de voo, aterramos no Aeroporto Internacional Galeäo-Antonio Carlos Jobim.
Chove.

No aeroporto, Beatriz, Toribio, e a furgoneta.

 


Hotel California Othon Clasic, separado da praia de Copacabana unicamente por catro carrís de asfalto.

As expectativas son boas, parece que mañá cambiará o tempo, e poderemos disfutar do noso primeiro e único día libre salpicados polas ondas que chegan ó famoso areal..

Logo de cear no restaurante que hai á entrada, onde, por certo, un dos pratos que ofrece a carta é “polbo á feira” -o dono é galego- marchamos a durmir, con todas as nosas miras postas no día seguinte. Hai pouco tempo e moito que ver. Non se pode desaproveitar un minuto.

Pero el lunes amanece cargado de nubes.
Bueno, non hai problema, un ensaio non vén nada mal, e aproveitamos a mañá para organizar o concerto do día seguinte.

Mais a choiva non impide que os máis atrevidos se dean un “fresco” baño, antes do xantar, nas salgadas augas da outra beira do Atlántico.

Parabéns ós valentes!! Pois que frío facía!

Esa tarde, como bos turistas, visitamos o Päo de açúcar: o
Teleférico que, nun minuto, nos leva a tocar o ceo; a imaxe nocturna da cidade que se grava nas nosas retinas...


   
Xa de volta e para rematar a xornada, achegámonos ó Teatro Oi Casa Grande – fronte da longa Ipanema- para asistir ós actos de apertura do Perc Pan, un dos máis importantes festivais de recoñecemento mundial, que este ano, na súa XV edición, inclúe no cartel a faltriqueira.

 

        

 

 

 

 

Martes 16, día de traballo.

9:30 A.M.: Probas de son.

14:00: primeira das catro Workshops (ou clase-taller de percusión), onde presentamos a pandeireta galega, xunto con outros instrumentos típicos do noso folclore, introducindo a todos os que alí se achegaron nos ritmos propios e tradicionais de Galicia.

21:00: Concerto. 
                                        
Este día recolle sen dúbida un dos momentos máis importantes na “vida” de faltriqueira. Recibir a ovación dunha audiencia tan allea e á vez tan próxima e receptiva, non ten prezo.
Creo que aínda se nos achucha o corpo cando recordamos eses aplausos.


Carlos.
Coñecémolo esta noite. Tranquilo, pausado, pousado, sereno, discreto, sabio. De pasaporte madrileño, de corazón, bahiano; na alma Brasil.


Mércores 17, último día na cidade.

11:00h Workshops.

17:00h: Visita ó Cristo de Corcovado… e si, confirmamos que estamos en Río!

                                                  


18:30h:
clausura da primeira parte do festival, que se traslada á cidade da cachaza.
Todos os grupos interactúan nun escenario no que o idioma común é a música.

                             

A mañá do xoves é de viaxe.

Furgoneta. Beatriz. Toribio. Aeroporto. Avión.

Salvador de Bahía.

Furgoneta. Nelson (pachorrento, cachazudo, parsimonioso, pachán). Nelson. Hotel. Workshops. Comida. PRAIA!.

En Bahía loce un sol radiante. Temos media hora para disfrutar del, remollándonos no mesmo lugar onde se baña Caetano Veloso.
Media hora, ata que a enorme bola encarnada se mergulla no mar. Espectacular.
Paseo polo Pelourinho, ou o Pelô, como lle chaman os habituais da cidade.

Esa noite tamén vimos a Lúa.


Venres 18. Workshops.



Probas de son. Ensaios.


Concerto.
Tetro Castro Alves, un dos máis prestixiosos do país. Cheo ata a bandeira.

Si en Río o aplauso do público foi grandioso, aquí…
Aínda zoan nos nosos oídos os palmeos do auditorio. Impresionante. Incrible. Inolvidable.

E Galilea.
E chove.
Apenas un día de tregua co ceo.

Sábado. Hai que marchar.

Pero antes, repasar todas as rúas do centro, e despedirse do Mestre Lúa, o artesán que fixo todos os pedazos musicais que traemos como testemuña de ter pasado polo país do samba.

E Carlos, e o Pelô, e a feira de artesanía e…hai que marchar.

Nelson. Furgoneta. Aeroporto.
Primeiro a Lisboa. Segundo, a Barcelona. Terceiro, a A Coruña. 

Y “casi” todo vuelve a ser como antes.


Pontedeume, Outubro-08

Voltar

pe_contido_dereita

© Faltriqueira 2006 - Aviso legal